Tensión extrema ás portas do Parlamento de Honduras


Miles de persoas seguían concentradas este domingo tras pasar a noite en vela. Convocadas pola presidenta electa, a esquerdista Xiomara Castro, protestaban cunha vixilia contra a elección da xunta directiva provisional do Lexislativo. Dezaoito deputados disidentes de Libre, o partido de Castro, non apoiaron ao candidato convido e elixiron ao tamén disidente Jorge Cálix, a súa sorpresiva elección desatou unha disputa entre deputados o pasado venres. Os 18 disidentes foron expulsados do partido. Este domingo, a Xunta directiva do Parlamento foi referendada durante sesión celebrada nun club social a 30 km de Tegucigalpa. Neste clima de extrema tensión, Xiomara Castro xurará o cargo o vindeiro xoves poñendo fin a 12 anos de Gobernos conservadores.