Tensión máxima entre Alxeria e Marrocos

A morte de tres civís alxerinos por un ataque marroquí eleva a tensión entre os dous estados. A presidencia alxerina confirmou que un avión de combate marroquí non tripulado disparou contra dous camións e matou a eses tres civís. A presidencia alxerina advertiu de que este acto hostil «non quedará sen castigo».

Os dous vehículos desprazábanse ao longo dunha estrada do deserto do territorio en disputa do Sahara Occidental. O ataque produciuse na zona de Nuakchott- Uargla, no Sahara occidental, que reivindica como propio para establecer a República Araba Saharahui democrática a Fronte Polisario coa oposición de Marrocos, cuxo exército ocupa parte do territorio da antiga colonia española.

A tensión é especialmente alta desde que hai un ano o Exercito de Marrocos penetrou na área desmilitarizada de Guerguerat para reprimir unha sentada de civís saharauís. O Fronte Polisario anunciou que consideraba roto o cesamento do fogo asinado en 1991 coa mediación da ONU e o inicio de accións de fustrigación ao longo do muro construído por Marrocos, considerado o máis longo do mundo.

Alxer rompeu relacións diplomáticas con Rabat. Procedeu ha pechar o Gasoduto Magreb Europa, que desde hai 25 anos abastecía a España e Portugal a través de territorio marroquí.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha