Tensión no conflito pola recollida de lixo na Coruña

0 minutes read

A situación coa que conviven os cidadáns desde mediados da semana pasada é preocupante. O lixo continúa amoreándose por toda a cidade e tamén continúan os incidentes. Durante a fin de semana os bombeiros tiveron que sufocar ata sete lumes en colectores e papeleiras. A empresa concesionaria do servizo cuantifica en máis de medio millón de euros os danos causados polas sabotaxes e anuncia que iniciará accións xudiciais contra os responsables. Ademais, abriu expedientes pola conduta de brazos caídos dunha parte do cadro de persoal.