Teo | Arde o chalé onde se produciu o asasinato de Asunta Basterra


Os Bombeiros da Estrada e de Ordes tiveron que empregarse a fondo na extinción do lume que se produciu na madrugada do sábado ao domingo no chalé de Teo onde hai sete anos se produciu o asasinato de Asunta Basterra. Descoñécese a orixe do lume, xa que a vivenda de Rosario Porto estaba deshabitada, aínda que nalgún momento puido ser utilizada por ocupantes ilegais descoñecidos. O lume comezaría pola planta baixa pero a totalidade da casa viuse afectada e os bombeiros precisaron de máis de tres horas para sufocar por completo o incendio. Investíganse as causas que o produciron, nunha vivenda que quedou seriamente danada.