Teo toma o relevo na dirección de Compostela Rupestre

1 minutes read
  • O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, recoñece o avance desenvolvido neste ano.

O Consello Director de Compostela Rupestre reuniuse no concello de Ames para facer balance do ano de xestión e avanzar nas novas iniciativas que se desenvolverán no próximo ano en que o concello de Teo toma o relevo na súa dirección. O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, destacou que en seis meses estará rematado o plan director que rexerá o futuro do parque.

Na xuntanza, na que participaron representantes de todos os concellos implicados no proxecto, anunciouse tamén a contratación dun primeiro vídeo promocional do Parque Arqueolóxico que se comezará a gravar en decembro, co obxectivo de dar a coñecer a riqueza patrimonial do territorio.

No desenvolvemento da reunión aprobouse tamén a cesión do local de Villestro para uso das necesidades que se establezan no Plan Director de cara a converterse en centro de interpretación para distintas actividades do proxecto. Será a reunión final do periodo de presidencia do Concello de Ames que será relevado polo de Teo, pola sucesión rotatoria en función do número de habitantes que se iniciou o pasado ano con Santiago de Compostela.