Nova edición da gala ‘Literatas’ en Ponteceso


  • No acto que tivo lugar na sede da Fundación, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou que dende o seu inicio a Fundación está comprometida coa proxección, valoración e apoio á muller rural.

Susana López Abella, destacou este venres a necesidade de seguir impulsando a igualdade real entre homes e mulleres no ámbito literario e cultural, moi especialmente no medio rural, onde é preciso seguir avanzando. Foi durante a súa participación na terceira edición da gala Literatas, entrega dos galardóns “Mulleres de Ferro” destinado ás mulleres que na actualidade continúan na senda da igualdade, organizado pola Fundación Eduardo Pondal, unha institución que mantén un compromiso activo coa proxección, valoración e apoio á muller rural.

O acto que tivo lugar na sede da Fundación Eduardo Pondal, en Ponteceso, Susana López Abella indicou que dende o seu inicio a Fundación está comprometida coa proxección, valoración e apoio á muller rural. Ditas intencións materializáronse coa Casa da Muller que mantén programas constantes que dan soporte e cobertura con alto índice de interese á poboación dos Concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Malpica de Bergantiños e Zas.

Nesta ocasión, recibiron o premio Literatas a escritora e ilustradora Natalia Lema Otero, nada en Vimianzo; e a regueifeira Lupe Blanco, natural de Coristanco.