Terceira fase de niveis libres de patinaxe, este sábado, na Laracha

Cedida

  • Trátase dunha proba federativa oficial que se desenvolverá no pavillón municipal a partir das 10:00 horas

O pavillón municipal da Laracha acollerá este sábado, de 10:00 a 14:45 horas, a terceira fase de niveis libres de patinaxe. Trátase dunha proba federativa oficial na que participarán arredor de 100 patinadores que realizarán o seu programa co obxectivo de superar o seu nivel. Nesta ocasión as probas irán do nivel 4 ao 10.

No evento participarán 15 clubs da provincia da Coruña: CP Patiart , CP Velúa, CP Aura, CP Buxaina , CP Lenda, CPA Costa da Morte, CPA Inercia, CP Oleiros, CP Axel, CP Oleiros, CP Alquimia, Club Compañía de María, Escola Lubiáns, CPA Eiriz e o club organizador, CP Conxuro A Laracha.

Esta proba está convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación da Coruña e os patrocinadores Asteria Café e Maluca Lobe.