Terceira parada no ‘Explora Muxía’: Ruta do Lago

Playa de O Lago_Ayuntamiento de Muxía

  • Será este sábado e dará comezo ás 10:30 horas

Tras a gran acollida dos dous primeiros roteiros dentro do proxecto ‘Explora Muxía’, este sábado levarase a cabo a Ruta do Lago, que dará comezo ás 10:30 horas e terá como punto de saída e de destino a praia que dá nome ao percorrido. As persoas interesadas poderán apuntarse neste enlace.

A ruta ten un percorrido circular de 13 km e un tempo estimado de duración de 4,5 horas. A dificultade técnica é media-alta e recoméndase vestir roupa e calzado axeitado, ademais de levar auga.

‘Explora Muxía’ trata de poñer en valor o patrimonio material e cultural do concello, utilizando os roteiros como medio para descubrir «algúns dos recunchos máis máxicos da costa, onde conflúen tradición e natureza», destacan desde a Administración local.

O alcalde, Iago Toba, destacou «o esforzo da concellería de Cultura para levar a cabo toda esta programación de verán que está a ser todo un éxito».