Terceira RFEF | O Paiosaco pica e o Bergantiños chocou contra o muro do Atlético Arteixo

1 minutes read

O Bergantiños finalizou este domingo a primeira volta do campionato como líder a pesar de non poder conseguir unha vitoria nas Eiroas ante o Atlético Arteixo (0-0). O Bergantiños tivo a pelota e xogouna con fluidez nun primeiro tempo bastante equilibrado entre os dous equipos. As ocasións máis claras chegarían na segunda parte con Longo como protagonista, na área pequena e de socato, topouse con Ramón dúas veces desperdiciando quizais as ocasións máis claras do partido. O Atlético Arteixo foise pechando en banda co paso dos minutos e grazas ao seu porteiro Ramón que se converteu nun seguro de vida para o seu equipo levouse un punto de Carballo, á conta dun líder, empatado a puntos co Gran Peña, que a próxima xornada repite como local recibindo ao Viveiro, segundo pola cola.

A ‘dinamita’ da Polvorín noquea ao Paiosaco (3-0)

O Paiosaco decidiu apostar por unha presión moi alta que complicou moito a saída de balón dos de Trashorras, pero nos primeiros compases da primeira parte, Mario puxo un bo centro desde a banda esquerda que rematou Maceira no punto de penalti para darlle o primeiro tanto ao Polvorín. O bo xogo local traduciuse en dous tantos máis de Lizanco e Lansade no tramo final do partido.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?