Terra Galega critica a «parálise» do Concello de Carballo en tempos de crise

2 minutes read

O grupo municipal de Terra Galega de Carballo, fixo público un comunicado a través do seu portavoz Andrés Eirís Barca, no que critican un «parón preocupante» no Concello durante os case dous meses que levamos de confinamento pola crise do Covid-19. «En todo este tempo non se celebrou ningunha Comisión nin un Pleno, nin tan siquiera telemático coma en moitos outros concellos, dado que facelo de xeito presencial aínda nos parece un risco e un gasto de recursos innecesario».

Ademais din que «o Goberno local se olvidou dos autónomos e comerciantes e que a día de hoxe o Concello de Carballo non publicou unhas bases de axudas, compatibles coas de outras administracións para paliar os efectos do Covid-19, como si fixeron otros concellos próximos».

Afirman que «o Grupo de Goberno xustifica a súa inoperancia en que o Estado non lle permite gastar o remanente, para Terra Galega esta é unha disculpa pésima, que mellor momento para usar o remanente (máis de 12 millóns de €) que nesta situación extraordinaria como é esta crise sanitaria, cando ademais o Concello de Carballo incumpliu a regra de gasto e ten que ir a un plan de axuste económico, que sería o que tería que facer se tirara de remamente como fan outros concellos de diferentes partidos».

Terra Galega prosigue decindo que «hai departamentos que están parados, a xestión foi moi mellorable, como o reparto de mascarillas con tanto bombo e pouca efectividade, cando se podía realizar por exemplo desde as farmacias e adicarse ese persoal a otros menesteres como a adecuación o paseo do río, onde había que adecentalo e adecualo para evitar aglomeracións como as que houbo este sábado e domingo (cortar a herba, sinalización percorridos para evitar contaxios…) nótase unha falta de previsión moi grande e deixa as claras as poucas gañas de servizo público deste Grupo de Goberno que vai a remolque doutros concellos e do que lle di a oposición».

Finalmente animan á poboación «a seguir as recomendacións para acabar o máis rápido coa crise sanitaria e volver a vida normal e dar as grazas a todos aqueles que traballaron para os demais».