Terremoto en Haití | Contabilizados máis de 1.400 mortos e 5.700 feridos

1 minutes read

Haití revive o seu peor pesadelo despois de que un grave terremoto deixase máis de 1.400 mortos e polo menos 5.700 feridos. Os hospitais da cidade máis afectada, Lles Cayes, están desbordados polas vítimas do tremor, mentres os equipos de rescate traballan arreo para atopar a sobreviventes baixo os entullos. A catástrofe chega nun momento delicado para a poboación, pouco máis dun mes despois do asasinato do presidente, Jovenel Moise, que sumiu ao país nunha grave crise política e social.

Os labores de rescate poderían complicarse coa chegada de Grace, unha depresión tropical que tocou territorio haitiano este luns, con fortes choivas e ventos de ata 80 quilómetros por hora. Ante a grave situación, países como Chile, Colombia ou México están a enviar toneladas de axuda humanitaria a Haití, o país máis pobre do continente americano.