“TALENTIA” chega este 2019 a Compostela


Talentia é un evento que pretende a inserción do talento e a dinamización do emprego, promovido polo Concello de Santiago, que celebrou o pasado ano 2018 a súa primeira edición baixo a premisa de converterse no maior encontro do talento e do emprego, congregando a máis de 3.500 persoas.

Talentia 2019 celebrarase a finais de outubro de 2019, tendo lugar desde o luns 21 de outubro unha feira para público experto, organizacións e empresas. E os vindeiros dous días, martes 22 e mércores 23, o foro estará aberto ao público xeral, dirixido ás persoas que están busca de emprego. Cunha ampla oferta de actividades dispoñibles para certificar, formar, proxectar e conectar o talento.