Tesfayé compite esta fin de semana no Galego de Pontevedra

Tesfayé Chao, atleta sub14 da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomará parte o vindeiro domingo día 28 de marzo de 2021 no Campionato Galego de Medio Fondo e Fondo para as categorías sub10, 12 e 14. O evento celebraráse na pista descuberta do C.G.T.D de Pontevedra onde Tes correrá os 500 metros lisos; proba na que o pasado 27 de febreiro acadaba nesta mesma pista unha mellor marca persoal de 1.25.09. A falta da confirmación oficial, tomaría o pistoletazo de saída en torno as 12:00 horas. Tesfayé Chao posa xunto co seu adestrador Alejandro López no adestramento na Pista do Chorís, lugar no que o Concello de Carballo ten previsto construir un módulo específico para a práctica do atletismo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha