O diario americano The New York Times retrata o malestar social que causou en toda Europa o éxodo de rostros coñecidos ás súas casas de segunda residencia durante o confinamento polo coronavirus. Cuestionan o exemplo que deron e como puideron influenciar no efecto dominó de moitos que decidiron, sobre todo a primeira fin de semana, marcharse das grandes cidades. «Egoísta e irresponsable», así é como definen os exemplos descritos.
No caso español, o rotativo fíxase en el expresidente José María Aznar: «Fixo as maletas para marcharse de vacacións ao seu chalé de Marbella, un complexo de celebridades no Mediterráneo». E detalla o que xa coñeciamos: «Aznar saíu de Madrid o mesmo día que a capital pechou todas as escolas e universidades. A súa actitude provocou moita rabia nas redes sociais e unha resposta masiva para bloquear a súa entrada» a Marbella.