Theresa May dimite como primeira ministra en Reino Unido

Dereitos de autor: The Controller of Her Majesty's Stationery Office.

A primeira ministra Theresa May anunciou este venres a súa dimisión ao non lograr un acordo para que o Reino Unido saíse da Unión Europea.

Entre bágoas, May despediuse agradecendo a oportunidade que se lle brindou para servir ao país «que ama» e manifestou que sempre lamentará non poder executar o «Brexit».

Ademais, pediull ao seu sucesor á fronte do Partido Conservador e do Goberno que trate de achar un consenso no Parlamento para lograr deixar o bloque.

A dimisión farase efectiva o 7 de xuño, data na que terá que ser substituída, polo que ata entón continuará como primeira ministra en funcións.

Xunto a Holanda, o Reino Unido iniciou o xoves a rolda das eleccións europeas. Segundo as enquisas, o partido do Brexit do eurófobo Nigel Farage é o máximo favorito, o que premoniza un moi mal resultado para os «tories» de May.

O Reino Unido ten fixada a retirada da UE para o próximo 31 de outubro tras solicitar un atraso do día inicialmente establecido do 29 de marzo de 2019.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha