A primeira ministra británica, Theresa May, accedeu a fixar unha data no mes de xuño para dimitir, despois da cuarta votación do seu acordo para o «Brexit», que tamén se realizará no mesmo mes. Así o anunciou o presidente do Comité 1922 do Partido Conservador, Sir Graham Brady.
May e Brady reuníronse este xoves para buscar unha solución á forte crise que atravesa o Partido Conservador, crise propiciada polo propio Brexit, e o bloqueo do mesmo. Nun comunicado, Brady explicou que acordaron reunirse “despois da segunda lectura [do acordo do Brexit] para acordar un calendario para a elección do novo líder do Partido Conservador”.
O ex-ministro británico Boris Johnson xa confirmou que se presentará como candidato para substituír a May.