Tiani eríxese como líder do golpe de estado en Níxer

O xeneral de brigada Abdourrahmane Tiani, comandante da Garda Presidencial nigerina, encabeza a xunta militar responsable do golpe de estado en Níxer, organizada no autodenominado Consello Nacional para a Salvaguardia da Patria (CLSP). Tiani compareceu este venres como presidente do CLSP na televisión pública nigerina e por primeira vez tras o golpe, liderado pola Garda Presidencial e apoiado polas Forzas Armadas, para dar conta dos motivos da súa acción.

O golpe foi secundado polo Estado Maior nigerino e amplamente condenado pola comunidade internacional. Centos de persoas manifestáronse en Niamey tras a detención hai dous días do presidente de Níxer, Mohamed Bazoum, por parte da garda presidencial. Os manifestantes esixiron a retirada das tropas francesas e, ondeando bandeiras de Rusia, reclamaban a Moscova como futuro aliado.

Desde Washington, o Goberno estadounidense mostrou o seu apoio.»Apoiamos firmemente ao presidente elixido democraticamente e condenamos nos termos máis enérxicos calquera intento de tomar o poder pola forza e perturbar a orde constitucional. Pedimos a liberación inmediata do presidente e o respecto polo estado de dereito e a seguridade pública”, afirmaba Karine Jean-Pierre, secretaria de Prensa da Casa Branca.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha