Carballo | Tímida participación no concurso de cachelas

Cámara e acción, ubicada en rúa Río Anllóns.

Carballo contaba este xoves con máis de 700 cachelas privadas rexistradas e distribuídas por todo o municipio. Moitas sardiñadas e churrascadas, pero moi pouca participación no concurso de cachelas, que contou con tan só catro anotadas. Pouco traballo, de percorrido, para o xurado, pero si de deliberación. Ao final o primeiro premio de 600 euros foi para «Cámara e acción», recreando un escenario propio dunha película rodada en Hollywood, estaba situada nun lugar xa clásico de cachela en anos anteriores, na rúa Río Anllóns; o segundo premio de 300 euros foi para o «Tanque ruso», situado en Ardaña, e o terceiro dotado con 200 euros para «Noite meiga pola paz», xunto á residencia de maiores Domus VI do San Cristovo. Tamén houbo unha «Macro cachela» no barrio das Flores, que levou unha pequena axuda por participar.

Tanque ruso, ubicado en Vivente-Ardaña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha