TMC Cancela, de Tordoia, recibiu o premio Peme do Ano de man do rei Felipe VI

1 minutes read

A empresa de Tordoia, TMC Cancela, con medio século de vida na parroquia de Anxeríz, acaba de recibir dous premios convocados pola Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (Cepyme), ás mellores pemes. Os galardóns fóronlle entregados ao seu responsable, Javier Cancela Rodríguez, polo rei Felipe VI, no Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, na que foi a décima edición destes galardóns.

O Rei fixo entrega na X edición dos Premios CEPYME a:

🔹PEME pola igualdade: Sofamel S.L.U.

🔹PEME transformación dixital: TCM Cancela S.L.

🔹PEME con mellores prácticas de pago: Auxitec S.L.

🔹PEME do ano: TCM Cancela S.L.

Desde a empresa afirmaron que estes premios son un recoñecemento ao labor, dedicación e esforzo de todo o equipo de TMC Cancela, colaboradores e clientes.

Un estímulo para seguir innovando e elevando os estándares de calidade na maquinaria agrícola e forestal, para seguir sendo líderes a nivel nacional e referentes destacados no panorama internacional.

TMC Cancela quixo ademais recoñecer o traballo desenvolvido de todos os finalistas e premiados, todos eles dan valor ao enorme potencial existente no panorama empresarial español.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?