Todo preparado para o Trofeo de Fútbol Concello de Ponteceso


Os equipos das categorías infantil, xuvenil, veteranos, cadete e sénior competirán os días 18 e 19 no Campo de Fútbol Municipal do Pinguel.
O alcalde de Ponteceso xunto co directivo Eduardo Vidal Soto, vicepresidente do Ponteceso S.D. e Quico Cruz presentaron o cartel do evento, no campo Municipal do Pinguel, e convidan a todo o mundo a ir a animar ós xogadores.
Serán dúas xornadas onde os xogadores dos equipos locais, o Ponteceso S.D. e o Corme C.F., demostrarán sobre o terreo de xogo todo o seu talento como deportistas.
O sábado 20, será a quenda das categorías inferiores. Ás 16.30 horas xogarán os infantís e ás 18.30 horas os xuvenís.
O domingo 21, os veteranos disputarán o encontro ás 11.00 horas e pola tarde os cadetes saltarán ó terreo de xogo ás 17.00 horas. Para rematar, dúas xornadas intensas, os séniors competirán ás 19.00 horas.