Todo a punto en Baio para unha nova edición de Feirauto

1 minutes read

Esta fin de semana a Praza Jorge Mira Pérez de Baio acolle a 55ª edición de Feirauto. A feira do vehículo seminovo e de ocasión, unha das máis antigas de Galicia.
Os tres talleres partipantes (Automóviles Celmar, Talleres J. Lema e Talleres Manuel Montes) expoñerán máis de 100 vehículos de diferentes gamas e modelos que poderán ser entregados de forma inmediata.
Ademáis, todos aqueles coches que se vendan durante a feira levarán un cheque regalo de 200€ para gastar en combustible. E entre todos e todas os visitantes, sortearán 6 vales de 50€ para canxear por combustible na Estación de Servizo Eni de Baio.
Durante os tres días o horario de atención ao público será de 10:00 a 20:00 horas ininterrumpidamente. Esta feira está organizada pola Asociación do Automóbil de Baio e Fecom coa colaboración do Concello de Zas.

Promo do evento_Novahit.