O vindeiro 3 e 4 de agosto Dumbría pón a praia do Ézaro «en modo VERÁN con maiúsculas» coa celelebración da 34ª edición da Festa da Praia do Ézaro.
Actividades para nenos e maiores, xogos de habilidade e tradicionais, inchables, Ciclo Indoor, OCR Infantil, iluminación da Fervenza do Ézaro, circo na rúa, EUROXOGOS: Descubre Europa!.
Actuacións musicais cos grupos: Huella, Claretes, The Cerne e a orquestra Finisterre. E durante a fin de semana Campionato Galego de Volei-praia e o domingo Gran Sardiñada popular!!!. Coa colabolación da Deputación da Coruña. Rede cultural 2019.