Todo a punto para a rehabilitación e posta en valor da ponte Nafonso en Noia e Outes


As obras impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na ponte Nafonso, un ben catalogado patrimonialmente, consistirán na substitución do pavimento e da varanda existente, que se atopa deteriorada.

Ademais, levarase a cabo a limpeza dos paramentos exteriores coa fin de mellorar o seu aspecto estético, eliminando os elementos danados da fachada da fábrica de pedra para mantela en bo estado de conservación.

O proxecto tamén prevé dúas actuacións concretas para iluminar a calzada e para a iluminación monumental da propia ponte, o que permitirá a súa posta en valor e unha notable mellora na seguridade viaria para vehículos e peóns. Ademais colocaranse paneis informativos e carteis de localización.

A execución destas obras non son compatibles co tráfico na ponte, dado que este é moi estreita. Por iso se colocarán os correspondentes carteis informativos de aviso, dous na AC-550 e na estrada provincial DP-5602. Desde xeito, para minimizar no posible a afección no tráfico o departamento de Infraestruturas da Xunta tentará acurtar na medida do posible o prazo contractual das obras, que é de 6 meses.