Todo a punto para que o carballés Fran Gómez volva ao Rally Dakar

1 minutes read

Apoiado por varias firmas comerciais o piloto carballés Fran Gómez volve ao Rally Dakar, apostando por unha moto que neste caso funciona totalmente con batería, logo de sete edicións en que participou con motos de combustión, a última en 2018.

«Ten a suspensión, amortecedores traseiros e prestacións dunha moto de rally normal. Pesa un pouco máis, por culpa da batería. É unha moto moi potente, ao redor dos 70 cabalos», precisa Fran Gómez, que se atopa moi ilusionado con esta nova aventura.

Fran afirma que o obxectivo é chegar á meta e, se poden estar diante de todos, mellor. Saberase o 19 de xaneiro, pero antes haberá que superar as etapas de doce días. Agora son horas de preparalo todo para embarcar o material en Barcelona cara a Arabia Saudita, o punto de arrincada do rally.