38
- Este martes 14 de abril o subministro verase interrompido a partir das 14.00 horas para intercambiar o servizo.
Dende as 22.00 horas deste martes, a auga chegará aos fogares de Corme a través dunha nova rede que permite eliminar un treito de tubaxe de fibrocemento con máis de 45 anos de antigüidade que acumulaba varias roturas cada ano. E xa non atravesa fincas privadas, senón que discorre na súa totalidade polo viario público.
O Concello de Ponteceso vén de investir case 90.000 euros no proxecto, executado pola empresa Mecano Obras y Reformas, que permitirá acabar coas frecuentes roturas da rede de auga na zona das Forcadas, evitando ao mesmo tempo o risco de contaminación nese punto.