Todo listo para o inicio das obras de pavimentación do núcleo de Dor, en Camariñas  

1 minutes read

O Concello de Camariñas dará comezo nos próximos días ás obras de pavimentación das rúas que integran o núcleo de Dor, na parroquia da Ponte do Porto, unha actuación que conta cun orzamento total de 30.000 euros.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño, realizaron este venres a acta de replanteo previa ao inicio destas obras.

O proxecto ten o obxectivo de mellorar a seguridade viaria na zona, tanto para os peóns como para o tráfico rodado, xa que actualmente as vías deste núcleo presentan fochancas, gretas, ou afundimentos. Os traballos que se levarán a cabo inclúen a pavimentación con aglomerado asfáltico destes tramos. O prazo previsto de execución é de 6 meses.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?