Todos os concellos galegos fora de nivel máximo por covid

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19 acordou na súa xuntanza deste martes, o nivel alto de restricións para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo. Deste xeito, non queda ningún municipio galego en nivel máximo.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Muros, Santa Comba, Agolada, Arzúa, O Pino, Ordes, Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas de Rei, Sarria, Arteixo, Muxía e Nigrán.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 11 de setembro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha