Todos os partidos apoian a Irene Montero ante o ataque de Vox

0 minutes read

Todos os partidos parlamentarios mostraron o seu apoio á ministra de Igualdade, Irene Montero, ante o que cualificaron como «indecente» ataque de Vox deste mércores, cando unha deputada da formación de Santiago Abascal lle espetou que «o seu único mérito» era estudar » en profundidade a Pablo Iglesias», para referirse á relación persoal da ministra co exdirixente de Podemos. Para os portavoces da maioría dos grupos parlamentarios, «cruzáronse todas as liñas» co ataque «machista» e as descualificacións persoais á ministra de Igualdade.