Tokyo 2020 | Medalla de prata para a piragüista galega Teresa Portela


A piragüista galega Teresa Portela cumpriu o seu soño en Tokyo 2020 cunha prata histórica en K1 200. O xurado tivo que recorrer á foto finish tras a axustada chegada de Portela. Tras determinar o bronce para Emma Jorgennsen, Portela convertíase na segunda en entrar en meta cun tempo de 38,883 sg para asinar a oitava medalla para España. A neozelandesa Lisa Carrington foi a dominadora clara co ouro. A deportista galega conseguiu o soño que levaba buscando desde Sidney 2000. Seis participacións despois, a española que máis disputou uns xogos olímpicos, logrou o seu 33º metal, na súa carreira deportiva, o primeiro olímpico, tras 15 preseas mundiais e 17 europeas.