Tokyo 2020 | Prata para o K4 500 de Carlos Arévalo e Rodrigo Germade

0 minutes read

O K4 español quedou co mel nos beizos, rozando de preto o ouro que se marchou para Alemaña por tan só 20 centéstimas. Aínda así, Saúl Craviotto, Marcus Walz, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade alcanzaron unha prata histórica en Tokyo 2020 no debut do K4 500 como proba olímpica cun tempo de 1:22.445. Con este metal, Saúl Craviotto converteuse no atleta español máis laureado da historia, empatando a David Cal con cinco medallas, pero con máis ouros que o pontevedrés.