Toma posesión o novo Goberno portugués

0 minutes read

António Costa, sinala entre as súas principais promesas novas subas do salario mínimo co «objetivo de atingir os 750 euros en 2023». No inicio da anterior lexislatura, subliña, estaba en 505 euros. O novo gabinete socialista terá que presentar agora o seu programa á Assembleia da República. Un equipo “reforzado” e ampliado a 19 carteiras -catro delas con “ superministros”- e unha nutrida colección de secretarios de Estado (50) arrouparán a Costa no seu empeño por esgotar o próximos catro anos.