Tomou posesión o novo director xeral de Defensa do Monte


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto ao conselleiro de Medio Rural, presidiu a toma de posesión do novo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez Vázquez. Durante o acto, Feijóo agradeceu o labor de Tomás Fernández-Couto: “O seu compromiso, determinación e vocación nestes 20 anos de traballo, acompañado sempre da operatividade e excelencia dos traballadores do sistema de extinción de lumes”, dixo, destacando tamén a traxectoria profesional do novo director xeral de Defensa do Monte. Nado en Ferrol en 1967 e titulado en Enxeñería Técnica en explotacións agropecuarias pola Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Rodríguez foi director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) desde a súa creación no ano 2018 ata setembro deste ano.