37
Así o informou Kiev este venres. O convoi está formado por tres barcos. Dous deles partiron desde Chornomorsk, no sur de Ucraína, e outro desde Odesa. Este é o segundo envío de gran ucraíno a través do corredor marítimo que acordaron Rusia e Ucraína, baixo a supervisión de Turquía e Nacións Unidas, o pasado 22 de xullo. Segundo o pactado nas negociacións, unha vez que cheguen aos seus destinos, os buques serán inspeccionados por expertos internacionais para asegurarse de que non transportan armas, un requisito esixido por Moscova. Os envíos están destinados a resolver a falta de alimentos e fertilizantes nos mercados mundiais, como consecuencia da guerra en Ucraína.