Torneo de fútbol 3×3 na Laracha

Tivo lugar no campo de fútbol Municipal da Laracha, contando con cincuenta e tres rapaces de idades comprendidas entre aos sete e os catorce anos.
O evento tivo unha duración de tres horas e media, desde as 10:00 e ata as 13:30 horas. Os rapaces, divididos en equipos de tres xogadores cada un, disputaron varios encontros durante toda a mañá en campos de dimensións reducidas e con porterías pequenas, sempre baixo a supervisión do técnico de deportes municipal e de monitores especializados.
Para as próximas propostas do programa cultural e deportivo de verán tamén se agarda unha alta aceptación por parte da veciñanza larachesa. O luns comezará o campus de baloncesto, dirixido a rapaces de idades comprendidas entre os cinco e os catorce anos. A actividade desenvolverase durante cinco xornadas, ata o venres, no pavillón municipal da Laracha en horario de 10:30 a 13:30 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha