Carballo | Torneo solidario de pádel a favor da entidade Asanog

Ayuntamiento de Carballo

  • Celebrarase do 3 ao 12 de decembro

Un ano máis volve a Carballo o torneo de pádel solidario organizado por Miclub Pádel e o Concello co obxectivo de recadar fondos para a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog). Esta sétima edición celebrarase do 3 ao 12 de decembro.

A cita conta con catro categorías: masculina (1ª, 2ª, 3ª e 4ª), feminina ( 1ª, 2ª e 3ª) e mixta (1ª, 2ª e 3ª). A cota de inscrición é de 18€ e inclúe a participación e un paquete de benvida cunha camiseta e unha rifa para participar nun sorteo. O xuíz árbitro é Marcos Fernández Pena.

O prazo para inscribirse remata o 30 de novembro, ás 22:00 horas, e deberá realizarse a través de mistorneosonline.es ou chamando aos teléfonos 981 732 954 e 619 688 822.

Asanog é unha entidade que se constituíu no ano 2012 para prestar apoio psicolóxico e social ás familias con nenos que pasan estadías longas nos hospitais debido ao cancro. A asociación tamén colabora coa apertura da aula hospitalaria do CHUS levando xogos e realizando actividades lúdicas cos pequenos.

Quen desexe colaborar economicamente con Asanog pode facer unha doazón a través dunha Fila Cero na conta de LaCaixa: ES61 2100 1453 2102 0025 9900.