Torra afirma que a Generalitat vai tomar as súas propias medidas

0 minutes read

Quim Torra advertía este domingo que Cataluña tomará as súas propias medidas, entre elas no control das aglomeracións nos centros de traballo e no trasporte público, e anunciaba unha reunión de urxencia do Govern. «As autoridades sanitarias mundiais dinnos que non podemos relaxar as medidas de confinamento. O risco dun rebrote e dun segundo confinamento son enormes. É unha irresponsabilidade e unha temeridade», dixo Quim Torra.