O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña condenou a ano e medio de inhabilitación ao presidente da Generalitat, Quim Torra, por desobedecer a orde da Xunta Electoral Central de retirar os lazos amarelos dos edificios públicos en período electoral.
A condena de inhabilitación non é aínda firme, dado que cabe recurso ante o Tribunal Supremo, polo que a sentenza non implica que Torra sexa apartado do seu cargo de presidente da Generalitat de forma inmediata.
Na súa sentenza, a sala civil e penal do TSXC condena a Torra pola súa «reiterada actitude desobediente» ao non acatar as resolucións da Xunta, o que á súa parecer é mostra dunha «vontade consciente e unha disposición anímica inequívoca» de contravir os mandatos da autoridade electoral, do que o presidente fixo «alarde público».