Torra pasa do Rey no ‘stand’ de Cataluña no Mobile e evita visitar o de España

A Generalitat afirma que o percorrido conxunto acababa coa visita ao pavillón da GSMA, momento no que se apartou o president.

Dous desplantes no Mobile World Congress. Primeiro Quim Torra evitou a foto co Rey e o presidente do Goberno fronte ao pavillón de España. Despois cancelouse a presentación das novidades ao monarca na ‘caseta’ de Cataluña, co que Felipe VI pasou de longo.

A ausencia de Torra na foto no pavillón de España na inauguración do Mobile World Congress produciuse minutos despois de que o presidente catalán si participase xunto a ambos nunha visita a un pavillón da asociación GSMA, organizadora do congreso, no que o Rey falou coa robot humanoide “ Sophia”.

Pouco despois o Rey deixou de lado a ‘caseta’ de Cataluña, tras un fallo da Generalitat ao cumplir o falado coa Fira.

Houbo un ensaio de protocolo o sábado. Alí acordouse coa Fira que un alto cargo da Generalitat debía facer a presentación oficial do pavillón de Cataluña. A Generalitat, presuntamente, deu o seu visto e prace, pero finalmente non nomearon a ninguén. Ante esta situación o chegar o momento do paso por ese pavillón a Fira decidiu cancelar a visita e a foto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha