Torra reta ao presidente do Parlament e pídelle que garantice os seus dereitos

Quim Torra_Fonte: @QuimTorraiPla

  • A Xunta Electoral Provincial decidiu retirar a acta de deputado a Torra o pasado xoves

Este luns o pleno no Parlament catalán estivo cheo de polémica. O presidente da Generalitat, Quim Torra, retou ao presidente do Parlament, Roger Torrent, para que «garanta» os seus dereitos como deputado «como fixo sempre», aludindo a que, de non ser así, a continuidade das institucións estará en risco.

Torrent informou ao comezo do pleno que o voto do presidente da Generalitat non podería ser contabilizado para «non comprometer a validez das decisións da Cámara».

O presidente do Parlament acatou desta forma a decisión da Xunta Electoral Provincial, que este pasado xoves desposuíra a Torra da súa acta de deputado, polo menos ata que haxa unha sentenza firme sobre a súa inhabilitación.

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña condenou a Torra a un ano e medio de inhabilitación do seu cargo público por desobediencia, ao negarse a retirar os lazos amarelos (símbolo do independentismo) dos edificios públicos durante as eleccións do pasado 28 de abril.