O presidente do Parlamento catalán Roger Torrent denuncia espionaxe e reclama unha investigación. Esixiu que se depurasen responsabilidades, ao ser un feito «impropio dun Estado democrático». Segundo unha investigación publicada polos diarios El País e The Guardian a Torrent instaláronlle Pegasus, un programa intrusivo para espiar teléfonos móbiles. con acceso a conversacións, micrófono e cámara da empresa israelí NSO Group. Anúnciase como enfocado á «seguridade global e a estabilidade» e con relacións unicamente con gobernos para «loitar contra o crime e o terrorismo».
Torrent declarou no parlamento:»A espionaxe ao que estiven sometido vulnera o meu dereito á intimidade, o dereito ao secreto das comunicacións e o dereito para poder desenvolver un proxecto político sen intromisións ilexítimas. Pero máis aló do caso concreto, o realmente importante é que estas prácticas evidencian a existencia dunha causa xeral contra o independentismo».
Segundo a investigación dos dous diarios europeos o teléfono de Torrent foi atacado en 2019. Durante ese ano, o líder independentista participou en ducias de reunións políticas e testificou ante o Tribunal Supremo no chamado xuízo do procés no que nove líderes independentistas foron condenados a entre 9 e 13 anos de cárcere. Tras coñecerse esta noticia, os dous partidos independentistas que forman o Goberno catalán, ERC e JxCat pediron que o ministro do Interior español, Fernando Grande- Marlaska de explicacións tanto no Congreso como no Senado.