Torres do Allo, unha viaxe á orixe dos pazos

Din que os pazos son os herdeiros civís dos castelos. Que cando a vida comezou a facerse un pouco máis amable, alá polos primeiros séculos da Idade Moderna, os castelos deron lugar a grandes residencias señoriales: os pazos. Se isto é así, Torres do Allo é o herdeiro do «Castelo do Allo», unha fortaleza da que non se sabe demasiado… salvo o seu final: foi asaltado polos irmandiños, os campesiños que se alzaron contra a opresión e os abusos da brutal nobreza galega de finais do século XV. Xa non volveu recuperarse: poucos anos despois, o antigo castelo foi demolido por orde dos Reis Católicos. Pero a destrución do castelo non supuxo a desaparición da familia propietaria, os Riobóo, que seguiron exercendo a súa influencia na comarca. Xa o dicía Tomasso dei Lampedussa no Gatopardo: «Todo ha de cambiar para que todo siga igual». E así foi, exactamente, neste caso: a casa nobre deixou o outeiro e instalouse na planicie, na «Casa do Allo» que hoxe coñecemos e que anteriores xeracións ampliaron ata convertela no conxunto arquitectónico actual. Todo segue igual… + Info.- viajandoconpio.com