Torres Sat, modelo de superación no rural de Vimianzo

0 minutes read

Roberto Moreira dispón cos seus socios dunha moderna e colorida granxa no lugar de Castro – Salto, en Vimianzo. Roberto para facer «máis agradable o seu traballo» decidiu dar un toque diferente á fachada da granxa onde traballa, igualmente aos silos e cisternas. Coa caricatura dunha vaca «Torres Sat» destaca do cotián neste tipo de actividade. Viaxantes, foráneos e provedores mostran o seu asombro ante tan rechamante e á vez orixinal escaparate agrario, e afirman que se vota de menos algún máis como este.