Touriñán comeza a xira por Galicia de ‘Aquí Tou!’

1 minutes read

O humorista Xosé A. Touriñán inicia a xira do monólogo ‘Aquí Tou!’, unha peza moi persoal na que, a través do humor, convida ao público a facer un percorrido polos momentos vitais que o levaron a ser quen hoxe é.

A xira de Aquí Tou! chegará a oito vilas galegas nos vindeiros meses. O público de O Grove será o primeiro en descubrir o espectáculo o próximo domingo, 2 de abril, con dúas funcións no Auditorio Municipal. Ata o mes de xuño, Touriñán visitará tamén Camariñas (8 de abril), Burela (14 de abril), Noia (23 de abril), Ponteareas (7 de maio), Cangas (13 de maio), Lalín (27 de maio) e Catoira (3 de xuño). As entradas están á venda en aquitou.gal.

En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que inclúe a serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, o levaron a ser que hoxe é. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?