Touriño e Laxe formarán parte do comité de expertos do PSdeG

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou a necesidade de utilizar “todos os resortes e capacidades das administracións públicas” para combater a crise que deixa a covid-19 e, para iso, anunciou a constitución dun comité de expertos que contribuirá a deseñar “unha nova política económica ao servizo da cidadanía” para “a Galicia do futuro”.

Os ex-presidentes galegos Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe integrarán un comité de reconstrución da economía galega para elaborar propostas destinadas a retomar a actividade. Anunciouno o líder do PSdeG.

Caballero, economista de carreira, anunciou esa iniciativa co fin de deseñar unha «nova política económica ao servizo da cidadanía e para a Galicia do futuro».  O comité de expertos deberá dar unha resposta ás necesidades de Galicia e orientará as estratexias logo da crise derivada da pandemia do coronavirus.