Touro | Remata a reforma do pavillón municipal e a ampliación do campo de fútbol


A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as melloras realizadas no pavillón municipal e no campo de fútbol do concello de Touro, apoiadas a través da convocatoria deste ano da Orde de infraestruturas de uso público. As axudas da Xunta contribuiron a reparar as filtracións que se producen no pavillón a través da cuberta, polo que se substituiron os elementos en mal estado e renovaronse os canalóns e baixantes para permitir a evacuación da auga. Ademais, no campo de fútbol demoleuse unha edificación auxiliar que se reconstrue ampliándoa para dotar de maior superficie ao recinto. Natalia Prieto explicou que son actuacións que redundan no benestar dos cidadáns e que ás entidades locais lles sería máis complicado executar en solitario.