Rivera resolveu un duro partido que confirma a melloría do Bergantiños, superior ao seu rival tras o descanso dun partido máis igualado na primeira metade. O triunfo ten mérito engadido, pois os carballeses deberon remontar o madrugador gol de Villar, que rematou de calcaño un servizo de Pisón desde a banda, aos 30 segundos, cando media bandaca aínda non sentara.
0-1 (m. 1): Villar remata, de calcaño, un centro de Pisón.
1-1 (m. 10): Remeseiro, de penalti por derribo a Borja Cabanillas.
2-1 (m. 81): Rivera, á saída dun córner.
Paiosaco-Hierros logrou un punto en Vilalba
Partido igualado o xogado este domingo no Municipal A Magdalena onde o Paiosaco-Hierros empatou (1-1) ante o Racing C. Villalbés e segue en postos de descenso na clasificatoria.

