Traballada vitoria pola mínima do Calvo Xiria balonmán

O Calvo Xiria de balonmán disputou este sábado, no pavillón Vila de Noia, un bo encontro na presentación ante a súa afección. Segunda xornada da 1ª Nacional Masculina Grupo A, contra un sempre complicado rival como é o Magope Seis do Nadal Coia, de Vigo. Moi bo ambiente na cancha cun aforo controlado inferior ás 200 persoas e estritas medidas de seguridade anti-covid. O Calvo Xiria levou a iniciativa do encontro desde o primeiro instante, aínda que segundo foron pasando os minutos, viuse superado por momentos polo rival, chegando ao descanso cun empate no luminoso 15-15. Tras a continuación, os de Adrián Dubra foron relativamente superiores ao equipo vigués, chegando a impoñerse unha vantaxe de ata 5 tantos. Xa na recta final os visitantes apertaron un pouco máis e situáronse a tan só un punto de diferenza do Calvo Xiria, que se levou a segunda vitoria consecutiva da competición pola mínima, 29-28.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha