As probas faranse na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés durante os vindeiros 15 días. Terán horario de tarde durante o mes de agosto e de mañá en setembro. O test consiste nun simple pinchazo nun dedo. Cunha soa gota de sangue e en dez minutos saberase se a persoa está infectada ou se xa superou a enfermidade. Se o paciente dá positivo, terá que illarse e facer outro tipo de proba, como unha PCR. Cóntase que fagan a proba uns 2.500 traballadores. O obxectivo, garantir a seguridade na campaña. Ademais destas probas previas, as adegas terán que variar este ano os protocolos de traballo para evitar posibles contaxios, como traballar con máscaras, gardar distancias de seguridade ou crear itinerarios entrada e saída á viña para non cruzarse uns cos outros.
31