Traballadores de Alcoa en San Cibrao levan as súas reivindicacións a Madrid


De madrugada saían da estación de Viveiro en varios autobuses para manifestarse diante do Ministerio de Transición Ecolóxica, e tamén do de Industria, acabando diante do Congreso. Participaron traballadores das principais plantas industriais de España. Os sindicatos reclaman que non se demore máis a aprobación do prometido estatuto para a industria electrointensiva que garanta o seu futuro.

A ministra de Industria pide confianza, asegurando que o Goberno negociou o contido do decreto con Bruxelas e que todo depende agora duns informes.