41
Traballadores de Alcoa da planta de San Cibrao, en Cervo (Lugo), concentráronse este venres diante do Parlamento de Galicia, con motivo da sesión constitutiva da Cámara, para lembrar aos deputados «que o primeiro que teñen que facer aquí dentro é arranxar o problema da Mariña, como se comprometeron a facer todos en campaña». O representante dos traballadores dubida da vontade negociadora de Alcoa, afirmando que «a Xunta debe esixir á empresa que sente a negociar sen condicións. O que non se pode permitir é que se paren as cubas, o corazón da fábrica, é algo que nunca imos asinar».